Menú

miércoles, 26 de febrero de 2014

Con nome de muller. Traballo de 1º de ESO.


TRABALLO DIDÁCTICO: “Con nome de muller” 1º ESO

1.- Obxectivos.

  • Fomentar as relacións de equidade entre xéneros.
  • Visibilizar a aportación das mulleres na sociedade.
  • Crear un espíritu crítico ante as desigualdades entre homes e mulleres.


2.- Actividades

2.1.- Introducción
   Os espazos que conforman as nosas ciudades e vilas teñen unas calidades, unas formas, una función que nos xorden ao chou senón que son froito de moitas forzas sociais, económicas, históricas e culturais. As ciudades e vilas vanse configurando ao longo da súa historia como fiel reflexo da concepción que do mundo e das súas propias vidas tiveron as sociedades que as foron construíndo e modelando.

   Por iso, cando falamos de discriminación de xénero, cando falamos de igualdade de oportunidades, tamén temos que dirixir a mirada a ese espazo/escenario das nosas vivencias cotiás, a vila donde habitamos, para construir un espazo onde habitar en igualdade, un espazo adaptado ás novas necesidades sociales e laborais, ás novas familias que es esán constituindo. Un espazo onde homes e mulleres vivan en igualdade.

   Para avanzar, abrirnos paso no presente e afrontarnos ao futuro, cómpre que nos recoñezamos, homes e mulleres, como construtores e construtoras da nosa cidade. Pero a presenza das mulleres a nivel simbólico segue a estar tremendamente desproporcionada. Un xeito de achegarnos á memoria simbólica da nosa vila é a través de nome das rúas, prazas e parques, e abonda facer un pequeño recorrido pola vila para caer na conta de que a toponimia reflicte una vila de homes, onde as mulleres están ausentes… e esquecidas.

   Neste breve traballo didáctico, ao tempo que pretendemos chamar a atención sobre o cativo de presenza feminina no rueiro de As Pontes, queremos contribuir a que a historia das poucas mulleres que na nosa vila foron merecedoras de que o seu nome formase parte da súa toponimia fose coñecida, recoñecida ou recuperada. Porque contar a historia das mulleres de carne e óso que dan nome ás nosas rúas é tamén, dalgún xeito, contar a historia das ausentes, de todas as que una cultura androcéntrica decidiu manter no esquecemento.


2.2.- Propostas de investigación

Actividade nº 1:

 Nun plano da vida das Pontes de García Rodríguez sitúa as rúas con nome de muller. Marca cun rotulador o seu traxecto e reflexiona sobre a súa ubicación para contestar as seguintes preguntas:
  • Son vías principais ou secundarias?.
  • Cantas destas rúas ou prazas están situadas nas zonas de nova expansión da vila?




Conclusións

   Se acudimos as plano de As Pontes de García Rodríguez, atopamos que a vila acolle preto de 125 topónimos entre camiños, rúas e parques. De entre eles, apenas sete levan nomes de muller. Os nomes de homes, nas mesmas circunstancias ascenden a 36.

   Entre os 7 nomes de muller:
  • Cinco nomes foron asignados como xeito de recoñecemento ou homenaxe a mulleres concretas.
  • Dous nomes corresponden á advocacións marianas (Virxe da Luz e Prazo do Carme).

   En feminino tamén se mencionan tres lugares máis como o Poboado da Magdalena, o grupo de vivendas Santa Bárbara e o colexio Santa María.


   Contando a historia destas mulleres, nobres, burguesas, escritoras, …, coñeceremos tamén a historia das mulleres do seu propio tempo polo que sabemos delas ou, no seu caso, polo pouco que os que escribiron a historia nos permitiron coñecer.

  • Rosalía de Castro
  • María Pita
  • Concepción Arenal
  • Emilia Pardo Bazán
  • Rita Rivera Chao
  • Praza do Carme
  • Virxe da Luz


Actividade nº 2:

   Elabora una breve biografía das mulleres que aparecen reflectidas no rueiro da túa vila.

a) Rosalía de Castro

   Naceu en Santiago de Compostela en 1837. Nesta cidade estuda música e debuxo e participa activamente no Liceo de la Juventud, onde toma contacto coa vida intelectual de Santiago.
   En 1856 trasládase a Madrid, onde publica una colección de versos titulada “La flor”. Aquí coñecerá a Manuel Murguía, con quen contraerá matrimonio en 1858. Trasládase a Santiago e ao ano seguinte nacerá a primeira os seus sete fillos.
   Vivirá en distintos lugares segundo o destino de Murguía. En 1863 aparece publicado en Vigo o seu primeiro gran libro, “Cantares gallegos”. Con este poemario Rosalía sitúase como precursora, xunto a Curros Enríquez e Pondal, do rexurdimento cultural de Galicia. O libro, con reminiscencias da antiga lírica galego-portuguesa, preséntanos con gran riqueza a vida aldea, una epopea popular con héroes individuais que reflicten diversas facetas da heroína que é a Galicia campesiña, epopea na que está proscrita a clase señorial.
   O 17 de maio deste mesmo ano asinará a dedicatoria de Cantares Gallegos para a escritora Fernán Caballero, e esta data, ao descoñecerse a data exacta da publicación dos Cantares, será adoptada, co gallo do seu centenario, como Día das Letras Galegas.
   En 1967 publicará a súa melllor e máis longa novela, “El caballero de las botas azules” en castelán, e logo virá un longo tempo de penurias persoais no que terá cinco fillos e asistirá á norte de dous deles.
   Retirada na súa casa da Matanza en Padrón, remata “Follas Novas”, obra fondamente intimista que reflicte os sentimentos persoais d eRosalía: soidade, dor e desacougo. Aquí escribe tamén “En las orillas del Sar”.
Rosalía nunca gozou de boa saúde, e tivo que loitar durante toda a súa vida coa enfermidade, os prexuízos, as penurias económicas, as incomprensións e as inxustizas da sociedade que a rodeaba. A súa obra está fondamente marcada polas circunstancias da súa vida. Nos seus escritos hai clamor polas mulleres esquecidas e berros de dor polas sometidas á dureza da natureza e do modelo social, nunha actitude reinvindicativa e de denuncia fronte á vida e os problemas da sociedade galega.
   Aos 48 anos, o día 15 de xullo de 1885, more en Padrón, na casa da Matanza que hoxe está convertida en museo. Foi enterrada no cemiterio de Adina, na igrexa parroquial de Iria, e o 25 de maio de 1891 os seus restos foron trasladados á igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago, ao Panteón de Galegos Ilustres.
Rosalía foi una muller forte, Valente e sensible que soubo plasmar a realidade que a rodeaba nunha obra que traspasou os límites do seu país e do seu tempo.





b) María Pita
    María Mayor Fernández de Cámara y Pita (Sigrás, 1560-1643) foi unha heroína da defensa de A Coruña en 1589 contra a Armada Inglesa. Naceu arredor do ano 1560 no seo dunha familia modesta. No ano 1581 contraeu matrimonoi con Xoabn de Rois que morreu no ano 1985, ao que lle seguirían tres esponsais máis. Tivo catro fillos.

   O 4 de maio de 1589 as tropas inglesas abriron unha brecha na muralla e comenzaron o asalto da cidade vella dirixidas polo almirante Francis Drake. Os invasores atacaron a cidade cunhas exíguas defensas, xa que dispuñan dunha escasa guarnición na defensa das murallas medievais, existindo polo tanto gran desproporción entre as forzas dos dous contendentes.
   Segundo a crónica da e´poca a actuación de María Pita fixo retroceder unha compañía inimiga, que recuou ao ver que o seu abandeirado fora morto por unha muller cando estaban a piques de traspasar as murallas.
   Faleceu en Cambre en 1643 e, aínda que no seu testamento solicitaba ser enterrada no convento de San Domingos de A Coruña, non se conserva ningún documento que o acredite nin se puido indentificar a súa tumba.
   Na cidade de A Coruña atópanse un museo e unha estatua na súa honra por salvar ao pobo de A Coruña da invasión inglesa.



  1. Concepción Arenal
   Concepción Arenal (Ferrol ,1820- Vigo, 1893) foi unha diplomada en Dereito, xornalista, poeta, autora dramática e de zaerzuela. Fou a primeira muller en asistir á Universidade en España.

   Concepción Arenal naceu nunha modesta casa do barrio de Ferrol Vello. Era filla dun militar e a súa infancia estivo marcada pola persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas liberais, e ploa súa morte prematuras a consecuencias delas. Estudou en Madrid cun tipo de educación para nenas de clase acomodadas que máis tarde ella mesma se encargaría de someter a severa crítica por tratarse do “arte de perder o tempo”. Mais a maior parte da suá cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialñmente a través da lectura.

   É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada de home xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores. En 1848 casou con Fernando García Carrasco; a parella compartiu inquedanzas e traballo intelectual e tivo unha filla., Concepción, que morreu antes de cumprir os dous anos, e dous fillos, Ramón e Fernando. Despois do derradeiro parto a saúde de Concepción Arenal quedou delicada para o resto da súa vida. Quedou viúva aos trinta e sete anos e o seu fillo Ramón tamén morreu prematuramente.

   Foi nomeada visitadora de prisións de mulleres en 1863, Concepción Arenal escribía cartas ás reclusas nas que lles explicaba o contido do Código Penal daquela vixente.
   Con Concepción Arenal nace o feminismo en España, pois dende nova loita por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller.
Morreu o 4 de febreiro de 1893 en vigo, onde foi inhumada. No seu epitafio o lema que a acompañou durante toda a súa vida: “A virtude, a unha vida, á ciencia”.



    1. Emilia Pardo Bazán
   Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851- Madrid, 1921) foi unha escritora en lingua castelán, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e galeguista. Escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, artigos e folletos.
   En recoñecemento polos seus méritos artísticos concederíalle o rei Alfonso XIII en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán. Escribiu centos de contos en escolmas, como “Cuentos de Marineda”. Destacou sobre todo na súa producción literaria destacando novelas como “Un viaje de novios” ou “La tribuna”. Tamén son de suna inportancia “Los pazos de Ulloa” e “La madre naturaleza” onde retratou a vida das vilas e aldeas glegas, o focclore popular e tamén a decadencia da nobreza do rural.
   Destaca tamén o seu labor na creación da Real Academia Galega. Hoxe en en día, Pardo Bazán, ao igual que outras contemporáneas como a ilustrada galega Concepción Arenal, está considerada como unha das precursoras do movemento feminista en España. Ao longo da súa obra criticou a marxinalidade da muller e expresou o seu desexo de crear para as mulleres unha educación e unha formación intelectual igual cá dos homes.
   Nun tempo no que máis do 90% das mulleres eran analfabetas, Pardo Bazán chegou a ser a primeira muller en presidir a Sección de Literatura do Ateneo de Madrid, a primeira nomeada conselleira de Instrucción Pública e a primeira muller catedrática de Literatura Contemporánea de Linguas Neolatinas na Universidade Central de Madrid.
   O 12 de maio de 1921, aos 70 anos de idade, Pardo Bazán norre debido a unha gripe que complicou a diabete que padecía, sendo soterrada na cripta da igrexa da Concepción en Madrid.


e) Rita Rivera Chao

   A rúa que leva o seu nome sitúase fronte ó antigo cemiterio. Dedícaselle esta rúa en consideración a que donou en 1924 o terreo para construir o actual cemiterio municipal solucionando entonces, desa maneira, á parroquia, un importante problema ó estar totalmente saturado o cemiterio primitivo detrás da igrexa parroquial. Doña Rita Rivera Chao naceu na casa número 21 da actual rúa Alexanre Bóveda, e que entonces era a única vivenda existente naquel paraxe que se denominaba o lugar de Campo.



f) Virxe da Luz

   A Virxe da Luz é unha devoción mariana da relixión cristiá que representa a Virxe María. Moitas cidades e vilas tomaron este título como o seu patrón, e moitas igrexas e templos son consagrados co seu nome. A iconografía da Virxe da Luz ten a súa orixe na cidade de Palermo (Italia) polo ano 1722, cando unha monza imaxinou á Virxe María sostendo a alma dun home que estaba a piques de ser devorado por unha criatura monstruosa e maligna.




g) Praza do Carme (situada fronte á Capela do Carme no centro da vila de As Pontes)

   Nosa Señora de Monte Carmelo tamén referida como Virxe do Carme ou Nosa Señora do Carmen, é unha das diversas advocacións da Virxe María. A súa denominación procede do chamado monte Carmelo, en Israel, un nome que deriva da palabra “karnel” e que se podería traducir como xardín.
   A Virxe do Carme é patroa dos mariñeiros e da Armada Española. Esta advocación dá nome a todas aquelas persoas que se chaman Carme, Carmela ou Carmelo, celebrando a súa onomástica o día 16 de xullo.

   As Pontes é o único pòbo de interior que honra coas súas festas á Virxe do Carme dende o ano 1741. Especial relevancia merece a procesión nocturna que o sábado da festa parte da Capela do Carme coa imaxe da Virxe e que a leva de volta o domingo pola mañá, camiñando sobre unha extensa alfombra floral.





Actividade nº 3:

Recopila pequenas biografía de mulleres da comarca de As Pontes con mérito pero sen fama. De mulleres próximas, da túa familia, barrio, concello… porque a historia das mulleres é sobre todo a historia de todas aquelas que dende a súa pequena parcela, na cotidianidade, no anonimato ou en actividades pouco recoñecidas contribuíron a conformar a nosa cultura.

  • Datos a recoller: Nome- Biografía - Fotografía

No hay comentarios :

Publicar un comentario