Menú

miércoles, 26 de febrero de 2014

PUBLICIDADE SEXIISTA


CRITERIOS PARA IDENTIFICACIÓN DUN ANUNCIO SEXISTA

   Presentamos a continuación algúns puntos claves que poden axudarnos a identificar a publicidade sexista. Consideraremos sexista a un anuncio:
  1. Si se presenta á muller como obxecto. Son aqueles anuncios que empregan o corpo da muller como reclamo para vender os seus produtos. Non teñen por qué ser para os homes tamén poden estar dirixidos ás mulleres xa que potencian a perfección como aspiración última. Estos anuncios recorren ó corpo feminino ou ó fetichismo de determinadas partes do mesmo: beizos, pés ou prendas de vestir femininas c0mo reclamo para atraer a mirada e a atención do potencial cliente.
  2. Si se manteñen os roles tradicionalmente asignados a cada xénero, esquecendo os cambios sociais e as novas realidades que vive a muller. A muller ten que adecuarse ós desexos e vontades das demáis persoas membras da familia.. Por exemplo, os anuncios de xoguetes ou produtos de limpeza (deterxentes, suavizantes, etc.)
  3. Si presenta ás mulleres como seres imperfectos que deben correxirse. Anuncios que presentan os corpos das mulleres e os seus cambios debidos a idade como "problemas " que cómpre ocultar ou correxir. Os homes non teñen hemorroides, nin arrugas, nin perdas de orina, nin, por suposto, celulitis.
  1. Si se presenta a beleza como clave do éxito das mulleres e se negan os valores intelectuais. Neste tipo de publicidade ponse á muller en relación de dependencia e inferioridade respecto do home, alentando a vanidade conquistadora e o proteccionismo do varón sobre a muller.

  1. Si se empregan mensaxes que exclúen ou agreden ás mulleres. Por exemplo, eslóganes como "es cosa de hombres".

  1. Si se transmite só unha imaxe de mulleres femininas, doces e cariñosas cuio principal obxectivo na vida é agradar ao seu marido e aos seus fillos. Tamén aqueles nos que se nos transmite que as mulleres son cotillas, incapaces de controlar as súss emocións ou seres con moita envexa e mandonas.

  1. Si se representa ás mulleres en profesións de menor relevancia social que os homes. Anuncios que alonxan ás mulleres dos espacios profesionais prestixiados socialmente e, pola contra, se lles asignan os roles de limpeza coidados e alimentación familiar. É moi habitual que as mullerse sexan amas de casa, azafatas,, enfermeiras... mentras que os homes son os pilotos e os médicos.

  1. Si se presenta á muller como ser inferior ou dependente do home. Serían aqueles anuncios nos que o home toma as decisións e a muller asúmeas sen máis (anuncios de coches). A muller aparece sempre nun segundo plano, sen vontade nubha actitude de sumisión e pasividade.


No hay comentarios :

Publicar un comentario