Menú

viernes, 9 de mayo de 2014

As escolas do pasado

O pasado martes 17 de decembro fomos de excursión á cidade da Coruña, pasámolo moi ben, pois foi unha forma máis cercana de ver o noso pasado. Onde mellos o pasamos foi no museo de Belas Artes, alí chamounos a atención un precioso cadro cun título que xa é moi rechamante: Castigo.
Este cadro do ano 1890, pertence ao autor Tomás Muñoz Lucena ( 1860-1893)
Castigo é unha pintura costumista, propia do estilo realista. O realismo foi un movemento artístico do XIX que pretendeu, entre outras cousas, que a obra de arte fose unha exposición de usos e costumes sociais.
Vemos unha escola, moi diferente ás de agora, pois antigamente estaban divididas por sexo, é dicir, a escola dos homes e a das mulleres. As escolas das mulleres como a representada normalmente tiñan moi poucas alumnas, xa que a maioría eran analfabetas. Había unha serie de tarefas que eran consideradas propias de mulleres: por exemplo no cadro podemos ver coser ás alumnas da escola.  Na escola, as mulleres daquela época aprendían cousas como coser ou tocar o piano. Diante dun pupitre de madeira escura, unha muller ganchillando escoita a a conversación da nena sentada ao seu lado.
Diante delas unha nena sentada cun vestido rosa, en actitude pensativa e enfadada, sostén un papel similar a outros tirados frente a ela. Por iso deducimos que a nena fixo mal a tarefa e está castigada. De aí o nome do cadro: Castigo.
Emilia Pardo Bazan foi unha muller que foi a unha escola semellante, e dixo que o que se aprendía alí era: “a arte de perder o tempo”.
A  nós parecenos un símbolo de machismo separar as escolas por sexo e aprender oficios diferentes, pois pensamos que deberian estar xuntos homes e mulleres e aprender as mismas tarefas.
Por outro lado, o castigo que se lle da a nena non nos parece adecuado pois ela esforzaríase en facer o traballo non se debería rachar, se non corrixilo. Aínda que vemos modos peores, por exemplo: pegarlle.

Publicado por noesac en A Terra do Preste Xoán




No hay comentarios :

Publicar un comentario