Menú

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Nai espertando polos choros do seu neno

Este cadro é do autor Karl Briullov, un pintor que foi considerado como unha das figuras máis importantes durante a transición do neoclasicismo ruso ao romanticismo.
Á parte de este cadro, o autor ten outras moitas obras, entre as cales destaca O último día de Pompeia pintado contra 1830. Este cadro realizado en Italia foi o que fixo que Karl Briullov se convertera nun dos mellores autores da súa época.
A obra na que nos vamos centrar desde autor chámase Unha nai espertando polos choros do seu neno). O cadro pertence ó século XIX (1831) e é da época do Romanticismo. No cadro obsérvase a imaxe dunha nai que acaba de espertar ó escoitar os choros do seu pequeno, mentres o seu marido segue a durmir placidamente. Realmente non é sorprendente a imaxe da muller, xa que na época e aínda actualmente segue a ser a muller a cal, na maioría dos casos, é a encargada do coidado dos fillos, aínda que este aspecto está cambiando na sociedade. Tamén se pode apreciar o cansazo da muller, pero que o mesmo tempo está levántase con tenrura a coidar do seu neno.



Aquí vos deixo un pequeno resumen de como era a vida das mulleres durante os séculos XVIII, XIX e XX e as súas evolucións.
O vídeo fundamentalmente explica a condición da muller durante estes tres séculos e ao mesmo tempo expón como eran as actividades  das mulleres dependendo a clase que pertenceran e os luxos que se permitían as mulleres dunha clase ou doutra.

 Jenni Ríos, 1º Bacharelato B

No hay comentarios :

Publicar un comentario