Menú

martes, 28 de enero de 2014

Interesante Charla


O mércores 22 de xaneiro asistiu o noso centro Eva López Barrio, Licenciada en económicas e membro de “Woman Emprende”.Unha plataforma de traballo para potenciar a creación de empresas no ámbito universitario,e conseguir resultados de participación nas mulleres en consonancia a súa cuota de participación na Universidade.O Seu obxectivo e conseguir que a porcentaxe de mulleres emprendedoras sea similar o de mulleres universitarias.
Á conferencia asistiu o alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. Eva López explicounos que Woman Emprende naceu en 2006 da necesidade de fomentar o emprendemento das mulleres universitarias. Ao longo destes anos Woman Emprende axudou a crear empresas de sectores tan diversos como Galchimia, adicada ao deseño de novos fármacos, ou Amallós, unha empresa de psicoloxía deportiva.
Moitas Grazas Eva, aprendimos moito!!


No hay comentarios :

Publicar un comentario