Menú

viernes, 27 de junio de 2014

Mulleres con pegada

O alumnado de TIC de 1º BAC traballou buscando información sobre escritoras que utilizaron pseudónimos masculinos ao longo da súa carreira, ben para poder publicar as súas obras e que llas tomasen en serio nun mundo reservado principalmente aos homes, ou simplemente para pasar desapercibidas:

 


 
 



Ademais trataron de afondar nas figuras de Rosalía de Castro e Concepción Arenal, poñendo especial interese no papel que ambas as dúas desempeñaron na súa época no desenvolvemento do feminismo en España e na súa loita por defender os dereitos dos máis desfavorecidos:


 

 Para o Día Internacional da Paz elaboraron unha presentación en Impress sobre as 15 mulleres obsequiadas co Premio Nobel da Paz, expoñendo un breve resumo sobre as súas vidas e o motivo polo cal lles foi outorgado ese galardón:



Dende un primeiro momento pretendeuse que deseñasen os seus traballos dunha forma atractiva, conseguíndoo nalgúns casos con máis acerto que noutros.

No hay comentarios :

Publicar un comentario