Menú

miércoles, 14 de mayo de 2014

A cruel situación da muller na India

Decidimos elaborar unha entrada acerca da situación que está a vivir a muller na India e en moitos outros países. Este tema resultounos interesante, porque vimos unha noticia nun xornal a pasada fin de semana, unha noticia que foi escrita fai meses, pero isto non quere dicir que xa non se siga vivindo esta cruel situación, polo que decidimos buscar información e mostrárvola.
Para comezar debemos dicir que por razóns culturais, moitas familias de diferentes países, abortan ao saber que van ter unha nena, para nós é algo que xa sabíamos, polas numerosas noticias impactantes que aparecen nos xornais ou na televisión todos os días, pero nesta entrada intentaremos aclarar un pouco máis esta terrible situación de dominio dos homes.
Moitas parellas deciden ter un bebé, pero cando se enteran de que é unha nena deciden abortar, ou optan por outra opción, na nosa opinión moito peor, que é abandonala con tan só uns días de vida.
Resulta impactante dicir isto en pleno século XXI pero nun sondeo recente, India figura como o cuarto país máis peligroso para vivir sendo muller. Existe un alto índice de pobreza e isto fai que moitas familias fagan todo o posible por casar ás súas fillas cando aínda son nenas, isto déixanos ver o machismo ao que están sometidas as mulleres, xa que están vistas como obxectos que serven para ter fillos varóns ou para atender ao home en todo momento. Algunhas mulleres sofren maltratos, tanto psicolóxicos como físicos, como xa observamos nalgunha das noticias citadas con anterioridade.
Para intentar sacar unha parte "positiva" de todo isto, decidimos falar tamén sobre os centros de acollida, lugares onde unhas moi boas persoas e dignas de admirar decidiron recoller ás pequenas abandonadas polos seus crueis pais e crialas,darlles o mellor dentro da pobreza e as dificultades que están a vivir no seu país.

Publicado por carlairia en A Terra do Preste Xoán

No hay comentarios :

Publicar un comentario