Menú

domingo, 18 de mayo de 2014

MARIA DE LOS ÁNGELES ALVARIÑO DE LEIRA

Unha precursora na investigación oceanográfica mundial

Nacida en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e morreu en California(Estados Unidos) o 29 maio do 2005. Foi oceanógrafa, zoóloga e Profesora galega. Dende pequena tivo inquietude intelectual e gusto pola lectura. Ata 1931 estudou en diversos centros educativos de Ferrol, para despois cursar o Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1933 coas disertacións: "Insectos Sociales" e "Las mujeres en el Quijote" En 1934 comeza os seus estudos de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, interrompidos pola Guerra Civil. Nese período Alvariño decide mellorar os seus coñecementos de francés e iniciarse na aprendizaxe do inglés, lingua que constituirá unha valiosa ferramenta de traballo na súa futura aventura americana nos Estados Unidos. . Unha vez reaberta a universidade, Ánxeles continúa cos seus estudos, realizando un Máster en Ciencias Naturais na Universidade de Madrid que superou con Honores. Impartiu clases de Bioloxía, Zooloxía, Botánica e Xeoloxía en colexios universitarios de Ferrol de 1941 a 1948. En 1951 obtén o Certificado de Doutoramento en Psicoloxía Experimental,Química Analítica e Ecoloxía Vexetal na Universidade de Madrid, sendo posteriomente destinada como bióloga mariño-oceanógrafa ao Instituto Español de Oceanografía en Vigo.
Foi a primeira muller a bordo dun barco británico de investigación en calidade de científica. Participou en varias expedicións e cruceiros científicos no Atlántico e Pacífico. No ano 1967 doutórase en Ciencias pola Universidade de Madrid
En xaneiro de 1970 obtén o cargo de Bióloga Investigadora no recoñecido Southwest Fisheries Sciencie Center para efectuar estudos sobre peixes, así como sobre o plancto
e as súas relacións coa dinámica oceánica, as pesqueiras e o efecto dos depredadores do plancto na supervivencia das larvas de peixes. Chegou a descubrir 22 especies novas de organismos mariños, os indicadores planctónicos para correntes oceánicas e para a pesca. Dous exemplares planctónicos levan o seu apelido.
Os traballos científicos orixinais publicados por Ánxeles alcanzan o centenar. Revistas como Pacific Science, Bulletin Scripps Institution e Calcofi Atlas e o Boletín del Instituto Español de Oceanografía albergaron os seus artigos.

Dende 1976 Ánxeles posúe numerosos nomeamentos académicos, sendo distinguida coa Medalla de Prata de Galicia no ano 1993. A universidade da Coruña dedicoulle a Semana das Ciencias en 2005. o Concello de Ferrol rendeulle unha homenaxe póstuma no Campus de Esteiro, onde se descubriu unha placa conmemorativa en honor a unha das mulleres máis destacadas no mundo da ciencia.

No hay comentarios :

Publicar un comentario