Menú

lunes, 26 de mayo de 2014

MULLERES E CIENCIA: HISTORIAS DUN TRABALLO SEN ROSTRO

MULLERES E CIENCIA: HISTORIAS DUN TRABALLO SEN ROSTRO
INTRODUCIÓN:
As mulleres contribuíron á ciencia dende os seus inicios aínda que non sempre fosen recoñecidas por iso. En numerosas ocasións topáronse con barreiras moitas veces infranqueables para que os seus traballos fosen aceptados.
OBXECTIVOS: 
  • Coñecer a existencia destas mulleres científicas
  • Destacar a achega de diferentes mulleres galegas á ciencia
  • Reflexionar sobre as dificultades destas mulleres valorando o empeño mostrado por estas para desenvolver un traballo menosprezado pola sociedade.
  • Utilizar as Tics como ferramenta de traballo.
METODOLOXÍA
O alumnado de 1º bacharelato buscará a biografía de mulleres científicas galegas e realizarán unha presentación sobre elas. Nesta presentación aparecerá información sobre a vida da científica, os seus descubrimentos científicos máis relevantes,  premios, detalles anecdóticos...


viernes, 23 de mayo de 2014

A PUBLICIDADE SEXISTA: APRENDE A MIRAR.



INTRODUCIÓN:  A publicidade  invádenos, por iso é tan importante analizar o sexismo que se esconde nos anuncios de televisión, prensa... Estas mensaxes que lanza a publicidade serven para reforzar estereotipos e tópicos, é fundamental analizála e fomentar unha actitude crítica para rematar con ela.
OBXETIVOS: 
  • Coñecer como interveñen os medios de comunicación na construcción da identidade.
  • Achegar claves,instrumentos e conceptos que permitan recoñecer ás distintas situacións de sexismo na publicidade.
  • Adquirir unha actitude crítica fronte ás mensaxes publicitarias.
METODOLOXÍA:
O alumnado buscará en primeiro lugar dous anuncios sexistas e  analizaraos , incluíndoos nalgunha destas categorías: 
  1. Uso sexista da linguaxe
  2. Insulta ou agride por razón de sexo
  3. Identificas as mulleres co mundo doméstico exclusivamente.
  4. Utiliza a muller como obxecto sexual.
  5. Cando utiliza comportamentos diferenciados por razón de sexo
  6. Outras.
A continuación farán unha selección dos diferentes anuncios para elaborar unha presentación.
Unha vez rematada a presentación, buscarán anuncios non sexistas para facer outra presentación. 







domingo, 18 de mayo de 2014

MARIA DE LOS ÁNGELES ALVARIÑO DE LEIRA

Unha precursora na investigación oceanográfica mundial

Nacida en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e morreu en California(Estados Unidos) o 29 maio do 2005. Foi oceanógrafa, zoóloga e Profesora galega. Dende pequena tivo inquietude intelectual e gusto pola lectura. Ata 1931 estudou en diversos centros educativos de Ferrol, para despois cursar o Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1933 coas disertacións: "Insectos Sociales" e "Las mujeres en el Quijote" En 1934 comeza os seus estudos de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, interrompidos pola Guerra Civil. Nese período Alvariño decide mellorar os seus coñecementos de francés e iniciarse na aprendizaxe do inglés, lingua que constituirá unha valiosa ferramenta de traballo na súa futura aventura americana nos Estados Unidos. . Unha vez reaberta a universidade, Ánxeles continúa cos seus estudos, realizando un Máster en Ciencias Naturais na Universidade de Madrid que superou con Honores. Impartiu clases de Bioloxía, Zooloxía, Botánica e Xeoloxía en colexios universitarios de Ferrol de 1941 a 1948. En 1951 obtén o Certificado de Doutoramento en Psicoloxía Experimental,Química Analítica e Ecoloxía Vexetal na Universidade de Madrid, sendo posteriomente destinada como bióloga mariño-oceanógrafa ao Instituto Español de Oceanografía en Vigo.
Foi a primeira muller a bordo dun barco británico de investigación en calidade de científica. Participou en varias expedicións e cruceiros científicos no Atlántico e Pacífico. No ano 1967 doutórase en Ciencias pola Universidade de Madrid
En xaneiro de 1970 obtén o cargo de Bióloga Investigadora no recoñecido Southwest Fisheries Sciencie Center para efectuar estudos sobre peixes, así como sobre o plancto
e as súas relacións coa dinámica oceánica, as pesqueiras e o efecto dos depredadores do plancto na supervivencia das larvas de peixes. Chegou a descubrir 22 especies novas de organismos mariños, os indicadores planctónicos para correntes oceánicas e para a pesca. Dous exemplares planctónicos levan o seu apelido.
Os traballos científicos orixinais publicados por Ánxeles alcanzan o centenar. Revistas como Pacific Science, Bulletin Scripps Institution e Calcofi Atlas e o Boletín del Instituto Español de Oceanografía albergaron os seus artigos.

Dende 1976 Ánxeles posúe numerosos nomeamentos académicos, sendo distinguida coa Medalla de Prata de Galicia no ano 1993. A universidade da Coruña dedicoulle a Semana das Ciencias en 2005. o Concello de Ferrol rendeulle unha homenaxe póstuma no Campus de Esteiro, onde se descubriu unha placa conmemorativa en honor a unha das mulleres máis destacadas no mundo da ciencia.

viernes, 16 de mayo de 2014

A inventora do lavalouzas

O pasado 22 de xaneiro asistimos a unha conferencia  con Eva López. Eva é licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais. A conferencia trataba da situación da muller ao estudar unha carreira e as saídas que tiña despois disto. Eva contounos que a maioría das matrículas da universidade eran de mulleres e tamén estas eran as que sacaban as mellores  notas. Porén os homes eran os que máis iniciativa emprendedora tiñan. En vista destes resultados  creouse Woman Emprende para que as mulleres coñecesen mellor as súas posibilidades de autoemprego unha rematados os seus estudos universitarios.
Eva López comisariou a exposición "Con nome de muller" que estivo ata o venres 31 de xaneiro no vestíbulo do noso instituto, o IES Moncho Valcarce. Nós visitámola o pasado 27 de xaneiro. Alí vimos a historia de algunhas mulleres emprendedoras como por exemplo: Indira Gandhi , Josefa Wonenburger, Maruxa Mallo, etc. Pero nós  imos falar de Josephine Cochran.

Josephine Cochran naceu no 1839 en Estados Unidos. No 1886 creou un lavalouzas mecánico manual. Josephine fixo isto para provocar unha liberación da muller dos labores da casa. Esta mesma máis adiante creou Kitchen Aid, unha empresa encargada da fabricación deste electrodoméstico. O invento vendíase co nome de lavalouzas Cochrane. Esta creou a súa propia empresa, Garis-Cochran Dish- Washing Machine Company que máis tarde se converterá en Kitchenaid, como parte de Whirlpool Corporation.

Rigoberta Menchú Tum


Rigoberta Menchú Tum naceu o 9 de Xaneiro de 1959 nun pobo do municipio de Uspantán en Quiché (Guatemala). Filla dun pai que morreu queimado na embaixada de España en Guatemala por protestar pola situación indíxena durante un asalto que realizou a policía. A súa nai foi secuestrada e torturada por grupos paramilitares. Tamén viu como asasinaban ao seu irmán polos que querían votar aos indíxenas das súas terras.

Rigoberta Menchú e unha líder guatemalteca e defensora dos dereitos humanos. O recoñecemento do seu labor e da xustiza social que representa mereceu o galardón do Premio Nobel da Paz en 1992. O recoñecemento foi pola loita da xustiza social e reconciliación que se baseaba no respeto a os dereitos dos indíxenas.

A raíz deses sucesos e moitos máis espertouse en Rigoberta Menchú a parte pacifista e converteuse nunha líder na loita polos dereitos humanos. A pesar de ser muller e de sufrir ameazas de morte, ela protestou contra os abusos laborais e as violacións dos dereitos humanos e polos dereitos e valores dos pobos indíxenas.
Publicado por somosmozas en A Terra do Preste Xoán

miércoles, 14 de mayo de 2014

O consello dun pai: unha pintura con dúas clases sociais moi diferentes


O cadro chamado O consello dun pai é unha obra do autor Plácido Francés e Pascual do ano 1892 realizado en óleo sobre lienzo.
Este cadro foi, de todos os cadros que vimos o pasado martes 17 de decembro no Museo de Belas Artes, que máis me chamou a atención.
O consello dun pai é unha pintura naturalista, xa que a obra parece que é unha fotografía. Nela pódese observar a simple vista a diferenza de clases entre os seus protagonistas, xa que o pai e as súas dúas fillas teñen roupas rotas e sucias e ata se poden observar unhas cantas ferramentas de traballo, seguramente procedentes dun albanel.
O pai, un home de mediana idade,  estalle dando unha indicación a súa filla maior. Supoñemos que está relacionado coa escena que está a acontecer ao seu carón, onde se pode ver que un home dunha clase social alta está intentando "namorar" a unha rapaza. A rapaza que pertence a unha clase social máis baixa parece que está indecisa coa proposición.
Finalmente, chegamos a conclusión, de que o que está intentando aconsellar o pai á filla, é que non confíe neste tipo de homes nun futuro, xa que o máis probable é que non estea namorado e sexa algo pasaxeiro.



A cruel situación da muller na India

Decidimos elaborar unha entrada acerca da situación que está a vivir a muller na India e en moitos outros países. Este tema resultounos interesante, porque vimos unha noticia nun xornal a pasada fin de semana, unha noticia que foi escrita fai meses, pero isto non quere dicir que xa non se siga vivindo esta cruel situación, polo que decidimos buscar información e mostrárvola.
Para comezar debemos dicir que por razóns culturais, moitas familias de diferentes países, abortan ao saber que van ter unha nena, para nós é algo que xa sabíamos, polas numerosas noticias impactantes que aparecen nos xornais ou na televisión todos os días, pero nesta entrada intentaremos aclarar un pouco máis esta terrible situación de dominio dos homes.
Moitas parellas deciden ter un bebé, pero cando se enteran de que é unha nena deciden abortar, ou optan por outra opción, na nosa opinión moito peor, que é abandonala con tan só uns días de vida.
Resulta impactante dicir isto en pleno século XXI pero nun sondeo recente, India figura como o cuarto país máis peligroso para vivir sendo muller. Existe un alto índice de pobreza e isto fai que moitas familias fagan todo o posible por casar ás súas fillas cando aínda son nenas, isto déixanos ver o machismo ao que están sometidas as mulleres, xa que están vistas como obxectos que serven para ter fillos varóns ou para atender ao home en todo momento. Algunhas mulleres sofren maltratos, tanto psicolóxicos como físicos, como xa observamos nalgunha das noticias citadas con anterioridade.
Para intentar sacar unha parte "positiva" de todo isto, decidimos falar tamén sobre os centros de acollida, lugares onde unhas moi boas persoas e dignas de admirar decidiron recoller ás pequenas abandonadas polos seus crueis pais e crialas,darlles o mellor dentro da pobreza e as dificultades que están a vivir no seu país.

Publicado por carlairia en A Terra do Preste Xoán

O secreto dalgunhas mulleres: o maltrato

Melendi naceu no 1979. É un cantante moi famoso na actualidade. A súa música é escoitada por unha morea de adolescentes e non tan adolescentes.  Moitas das súas  cancións reflicten situacións moi duras que acontecen en moitos lugares do mundo como por exemplo das que xa falaron as nosas compañeiras “Cuestión de prioridades” e “De repente espertei
Pareceunos interesante dedicarlle unha entrada a súa canción “ A tortura de Lyss” xa que cando vimos a entrada das nosas compañeiras xurdiunos esta idea.
Esta canción fala do maltrato contra a muller que non solo acontece en España senón en moitos máis lugares do mundo. Especificamente conta historia dunha nena que é violada por o seu pai e que o mantén en silencio xa que por vergoña non se atreve a contalo. Non solo nos mostra o maltrato físico da muller senón tamén o psicolóxico de ter que aguantar que seu propio pai fágalle vivir esa situación. Nos non encontramos se Melendi inspirarase nunha historia real para escribir esta canción, pero este ano tivemos unha noticia semellante o caso das tres rapazas de Cleveland
O maltrato contra a muller non é algo que aconteza por primeira vez na actualidade senón que xorde do pasado, agora na actualidade e en moita menor medida do que era antes pero aínda así queda un longo camiño para conseguir a igualdade en todo o mundo, xa que nos países terceiromundistas o maltrato contra a muller é moito peor que nos países mais desenvolvidos ou polo menos nos países desenvolvidos disimúlase máis e non se percibe tan facilmente.

Publicado por angelanayara en A Terra do Preste Xoán

domingo, 11 de mayo de 2014

Pulseras contra a MGF. Mercadillo Solidario de Libros.


Desde a Biblioteca do IES Moncho Valcarce poñemos en marcha un ano máis o noso Mercadillo Solidario de Libros de segunda man. Os alumnos e alumnas do Club de Lecturas organizan a actividade e venden libros doados polos membros da nosa comunidade escolar. Todos os cartos recadados serán doados á ONG Mundo Cooperante. Unha das liñas de actuación desta ONG é a de loitar por combater a práctica da ablación xenital feminina en países como Kenia ou Tanzania.Para sensibilizar ao alumnado sobre esta terrible práctica,  este curso, ademais da venta de libros imos colaborar na campaña desta ONG vendendo pulseiras masai. Ademais, temos preparado un mural feito coa ferramenta glogster para dar a coñecer estas comunidades africanas entre os estudantes da ESO e reflexionar sobre o seu estilo de vida e sobre as ameazas que as limitan.

GLOGSTER: As mulleres masai e a mutilación xenital



viernes, 9 de mayo de 2014

As escolas do pasado

O pasado martes 17 de decembro fomos de excursión á cidade da Coruña, pasámolo moi ben, pois foi unha forma máis cercana de ver o noso pasado. Onde mellos o pasamos foi no museo de Belas Artes, alí chamounos a atención un precioso cadro cun título que xa é moi rechamante: Castigo.
Este cadro do ano 1890, pertence ao autor Tomás Muñoz Lucena ( 1860-1893)
Castigo é unha pintura costumista, propia do estilo realista. O realismo foi un movemento artístico do XIX que pretendeu, entre outras cousas, que a obra de arte fose unha exposición de usos e costumes sociais.
Vemos unha escola, moi diferente ás de agora, pois antigamente estaban divididas por sexo, é dicir, a escola dos homes e a das mulleres. As escolas das mulleres como a representada normalmente tiñan moi poucas alumnas, xa que a maioría eran analfabetas. Había unha serie de tarefas que eran consideradas propias de mulleres: por exemplo no cadro podemos ver coser ás alumnas da escola.  Na escola, as mulleres daquela época aprendían cousas como coser ou tocar o piano. Diante dun pupitre de madeira escura, unha muller ganchillando escoita a a conversación da nena sentada ao seu lado.
Diante delas unha nena sentada cun vestido rosa, en actitude pensativa e enfadada, sostén un papel similar a outros tirados frente a ela. Por iso deducimos que a nena fixo mal a tarefa e está castigada. De aí o nome do cadro: Castigo.
Emilia Pardo Bazan foi unha muller que foi a unha escola semellante, e dixo que o que se aprendía alí era: “a arte de perder o tempo”.
A  nós parecenos un símbolo de machismo separar as escolas por sexo e aprender oficios diferentes, pois pensamos que deberian estar xuntos homes e mulleres e aprender as mismas tarefas.
Por outro lado, o castigo que se lle da a nena non nos parece adecuado pois ela esforzaríase en facer o traballo non se debería rachar, se non corrixilo. Aínda que vemos modos peores, por exemplo: pegarlle.

Publicado por noesac en A Terra do Preste Xoán




jueves, 8 de mayo de 2014

A ditadura de Bernarda Alba

Federico García Lorca naceu o 5 de xuño de 1898 en Granada. Lorca era fillo de Federico García Rodríguez e de Vicenta Lorca Romero a que fomentou o gusto literario do seu fillo. Cando a súa familia morreu mudouse a Almería pero regresou a Granada para matricularse no bacharelato. Estudou dereito pero nunca exerceu a avogacía. Tamén estudou Filosofía e Letras. Lorca pertencía a xeración do 27
A casa de Bernarda Alba

A casa de Bernarda Alba é unha obra teatral que escribiu pouco antes da súa morte pola que foi a súa derradeira obra. A súa representación non foi ata o 1945 en Buenos Aires debido a que España atopábase na Guerra Civil.
Esta obra reflectía a lamentable situación das mulleres da época. A obra narra a historia de unha muller que ao quedarse viúva por segunda vez decide que ela e as súas fillas garden loito durante 8 anos.  Bernarda Alba actúa dunha forma moi desconsiderada cas súas fillas xa que a pesar de que ningunha das súas cinco fillas ten mozo quere que permanezan todo o dia na casa cosendo e que permanezan en silencio. Cando Pepe o Romano pretende a unha das súas fillas desencadea unha traxedia debido a que a súa filla pequena róuballe o mozo a súa irma. Cando a súa nai se decata deste romance dispáralle a Pepe pero non logra darlle. A súa filla pequena ao pensar que o seu amor morrera suicidase. Bernarda Alba remata a obra dicindo que a súa filla morreu virxe.
O tema que se trata na obra é sobre a situación das mulleres de comezos do século XX de clase medio-alta. A principal “mala da película” é a nai que somete as fillas a un rigoroso loto e a culpable do que despois acontece xa que non lles deixa liberdade para que vivan a súa vida.
Aquí vos deixamos un vídeo onde se mostra a morte de Adela. Tamén podemos observar que a casa onde vivían era luxosa e grande típica de xente con cartos. Vese a maneira na que Bernarda Alba trata as súas fillas e o estrita que é con elas. Tamén esa importancia que lle da Bernarda Alba ao de que a xente non se decate do que sucede na súa casa. Bernarda Alba aparece como unha muller de costumes.

Publicado por angelanayara en A Terra do Preste Xoán 


Brigitt Hoess: a filla do creador de Auschwitz


Interesounos e sorprendeunos a entrevista realizada na revista XLSemanal a Brigitt Hoess, a filla de Rudolf Hoess, o creador do campo de exterminio de Auschwitz, polo que decidimos publicar unha entrada no blogue.
Brigitt cóntanos que nunca lle falou a ninguén do seu pai, nin sequera aos seus propios fillos. O seu pai foi un home capaz de asasinar a dos millóns de persoas, aínda que para ela non era un home cruel, senón que todo o contrario, para Brigitt era unha unha boa persoa e pensa que no fondo sentíase triste polo que facía, dinos que non tivo opción.
Na actualidade, a filla de Hoess vive baixo outro nome e non quere que todo o mundo saiba quen é, polo que na entrevista non aparece ningunha foto de ela agora.
Comparte con nós como viviu o momento no que foron a buscar o seu pai a súa casa para aforcalo en 1947, tras o final da guerra : “Cando entraron na casa, eu estaba sentada na mesa coa miña irmá. Tiña 13 anos. Os soldados repetían: Onde está o teu pai? Tiven moitos dolores de cabeza que me duraron anos”.
Para finalizar, deducimos que Brigitte ten a súa propia opinión sobre o seu pai, un ser terrible para a gran maioría da poboación pero un pai admirable e moi boa persoa coa súa familia, a cal se viu sumida á pobreza tras a morte de Hoess.
Na actualidade, os seus irmáns residen en Alemaña, e un sobriño de Brigitte recoñece publicamente o seu parentesco e tamén o seu odio ao seu avó.

Publicado por carlairia en A Terra do Preste Xoán




E que sabemos das mulleres do século XIX?

José Villegas Cordero naceu en Sevilla o 26 de Agosto de 1844 e morreu en Madrid o 9 de novembro de 1921. Con 16 anos expón o seu cadro mais importante, e máis adiante estudou na escola de Belas Artes en Sevilla.
Este cadro é un lenzo do século XIX pintado por o pintor José Villegas Cordero na época do Realismo. Trátase dunha pintura ao pastel de 1891 a pintura o pastel e feito cunhas determinadas ceras.
Pensamos que no cadro aparece una muller de clase alta, porque era costume entre as mulleres españolas de clase alta do XIX arranxarse con vestidos tradicionais para saír de festa.  As súas vestimentas son de seda e están bordadas con encaixe, eran bordados a man e adornados con motivos florais, polo que resultaban extremadamente caros. Os traxes máis populares eran os de flamenca.
Este pintor ten outros moitos cadros que reflicten a vida das mulleres burguesas como este outro que nos amosa unha muller que sae a tomar o sol, pero faino vestida porque estaba mal visto que unha muller mostrara o seu corpo, tomar o sol non era moi normal, pero se o facían tiña que ser tapadas. Tamén cabe a posibilidade de que a muller estea a descansar dun partido de tenis ou tan so observando como outra xente xoga.


Publicado por somosmozas en A Terra do Preste Xoán




Ignacio Díaz Olano, un pintor do realismo

Este cadro, titulado Arrepentida, é da autoría do pintor español Ignacio Díaz Olano. Realizou este cadro arredor de 1895 na época do Realismo, no século XIX. Foi un alumno de Belas Artes en Vitoria. Ignacio Díaz Olano naceu en Vitoria o 1 de febreiro de 1860 e morre en Vitoria o 7 de Marzo de 1937 despois dunha longa vida debuxando magníficos cadros normalmente relacionados con mulleres.
É un cadro do estilo naturalista, pintado en óleo sobre lenzo. O óleo consiste nunha mestura de pigmentos con un aglutinante e unha base de aceites.
A obra reflexa unha muller arrepentida que esta rezando na igrexa. A muller está rezando diante dun fondo de Virxes. Nós pensamos que ela está arrepentida por ter perdido a virxindade antes de se casar, porque as mulleres desa época tiñan que chegar virxes ao matrimonio. Era unha sociedade máis ríxida que a actual en materia de moral sexual.
A visión das mulleres solas na pintura do século XX reflexa unhas veces soidade e outras desamor, erotismo.
Por exemplo este expresa a soidade dunha muller tomando unha copa soa.
E estutro cadro exprésanos erotismo cunha muller espida.


Publicado por somosmozas en A Terra do Preste Xoán

lunes, 5 de mayo de 2014

À la fenetre


O cadro A la fenêtreNa ventá” do século XIX pertence ao Impresionismo. O seu autor é Federico Zandomeneghi.
Na imaxe está representada unha muller burguesa mirando con curiosidade pola ventá. Isto mostra como a vida das mulleres da burguesía do século XIX se limitaba a estar na casa, e a única maneira de coñecer o que pasaba fóra, era deste xeito, mirando pola ventá. A súa vida social consistía en recibir invitados na casa, reuníanse con outras mulleres a conversar,facían bailes... Como entretemento, o máis normal era que se adicasen á pintura.
Este pintor ten numerosos cadros e esbozos onde se plasman mulleres de diversas clases sociais, realizando diferentes actividades ou accións cotiás. A súa obra mostra bastante ben a vida das mulleres da época. Pinchando aquí aparecerán moitas das súas obras.
Algúns como La lezione di canto ou Le Thé tamén son unha clara mostra de esa vida social na casa, no primeiro, pódese ver que tamén se adicaban á música, e no segundo, unha reunión de mulleres, á tarde, para charlar e tomar té.

Outros como Femme au balcon expresa o gusto pola literatura dalgunhas mulleres de clase alta, as que podían permitirse saber ler e escribir.

Publicado por sapococho en A Terra do Preste Xoán

A cativa do napalm


Esta famosa imaxe retrata a unha cativa de apenas nove anos que corre aterrorizada pola caída dun bombardeo que a deixou ferida e sen roupa no seu pequeno pobo de Trang Bang.
Esta imaxe foi sacada o día 8 de xuño de 1972, cando se estaba a desenvolver a Guerra de Vietnam: unha das guerras máis brutais do século XX. A foto púidose ver en todo o mundo reflectindo os horrores que produciu. Enfrontáronse entre 1958 e 1975 Vietnam e os Estados Unidos, debido a que estes últimos querían deter o comunismo (sistema político establecido daquela en Vietnam) pero que finalmente saíron perdendo tras se retiraren no 1973.
Esta cativa, chamada Kim Phuc saiu a correr espida pola estrada coas bágoas nos seus ollos e foi nese mesmo momento cando o fotógrafo Nick Ut a fotografou. Acto e seguido, este levouna ao hospital onde a nena permaneceu 14 meses ingresada sometida a diversas operacións de enxertos de pel.

Hoxe en día, o autor da foto asegura que a fotografía puxo fin á guerra do Vietnam, polo que se sente enormemente orgulloso de tela sacado. En canto a Kim Phuc, agora está casada e con dous fillos e axuda a todos aqueles nenos vítimas da guerra como embaixadora da Unesco.

Publicado por pinpantomalacasinho en A Terra do Preste Xoán

As mulleres do proletariado diante da morte: entre a Igrexa e o médico dos pobres

Pablo Ruiz Picasso naceu en Málaga o 25 de outubro do 1881. Foi o fillo primoxénito de Don José Ruiz Basco, pintor e profesor da Escola de Belas Artes de Málaga e Dona María Picasso López. Matriculouse con 14 anos na escola onde traballaba seu pai, a pesar de que se esixían vinte anos para poder ingresar. Na escola era bastante preguiceiro e distraído pero con facilidade para o debuxo. Pablo tiña unha relación boa co seu pai xa que os dous tiñan a mesma devoción.
Picasso comezou nun estilo realista, como Ciencia y Caridad, o cadro que presentamos. Despois crearía estilos innovadores como o cubismo. Pintouen total máis de dúas mil obras que están expostas en numerosos museos, como o Museo Reina Sofía de Madrid. Entre estas obras podemos destacar: Maternidad cerca del mar, El niño del perro, La vida...
As ideas políticas de Pablo Picasso baseábanse no pacifismo e no comunismo. Foi membro do Partido Comunista Francés.




CIENCIA E CARIDADE

Neste cadro o pintor mostra a influencia do seu pai, que era profesor de pintura na Escola de Belas Artes de Málaga. Co seu apoio comeza a pintar dende moi novo e aos seus 16 anos xa era capaz de pintar cadros coma este. No cadro reflicte a ciencia coa presenza do médico e a caridade coa presenza da monxa. Este cadro foi pintado no 1897. No cadro vese reflectido como era a morte das mulleres do proletariado. Xusto na imaxe aparece unha muller a piques de morrer, que ten ao seu carón a un médico que lle está tomando o pulso. Tamén se ve unha monxa que se supón que quedará ao coidado da súa filla pequena. A vivenda que se amosa ten escaso mobiliario e as paredes transmiten pobreza.

Publicado por angelanayara en A Terra do Preste Xoán




O terror no pasado

A lenda de Sleppy Hollow é un relato corto de terror, escrito por Washington Irving en 1820. Sleepy Hollow está ubicada no condado de Kane no estado estadounidense de Illinois.
A película transcorre no ano 1784. Un policía de Nova York que utiliza avanzados métodos de investigación, é enviado ao pobo de Sleepy Hollow, para descubrir se é verdade a lenda de un xinete sen cabeza que aterroriza aos habitantes do pobo. Este xinete perdeu a cabeza segundo di a lenda, na Guerra Revolucionaria de EEUU por unha bala de canón . Unha vez alí o policía adopta a identidade dun profesor de escola e namórase de Katrina, que mantén relación cun dos homes máis coñecidos do pobo.
A película mostra a crueldade daquela época, e que quen comete un crime non son só os fantasmas, se non tamén a influencia do ser humano. Así di o protagonista: “O crime non require un fantasma saído dunha tumba. En Nova Iorque temos crimes sen a colaboración de trasnos ou demos”. Tamén mostra unha sociedade onde predomina o machismo, pois son os homes quen loitan, as mulleres só se acatan as normas dos homes, e cumpren os seus desexos, ata mesmo son tratadas como escravas. Como por exemplo: os que loitan son os homes, mentres que as mulleres quedan na casa, lévanlles o almorzo á cama etc...., e tamén podemos ver o machismo en como era tratada a nai do policía polo seu marido. Algo disto aínda queda agora na nosa sociedade, pero en menor medida.



Publicado por noesac en A Terra do Preste Xoán